Benvidos a este espacio!

domingo, 31 de octubre de 2010

OS CONTOS QUE ESCRIBIN E ILUSTREI: "Ola, son a Lúa".

Foi o primeiro conto que escribin e ilustrei para Everest, e de el saeu o nome deste blog.
Troquei a Lúa nunha nena, que vive nunha bufarda, e lle conta os nenos o que fai en cada estación do ano:
Vai ver como durmen os nenos, e é  amiga de grilos, abellas, bolboretas, anduriñas,árbores, caracois,paxaros, escarabellos, rás,vagalumes,formigas,chicharras,mar, peixes,..coida de todos eles;e, o seu amigo  o Sol tamén coida dela.
Saeu no ano 2002, e hay unha traducción ao portugués, titulada "Olá, sou a Lua".









Un pai me contou que a sua nena queda durmida mentres vai ennumerando a todos os protagonistas diste conto...

Ilustrar o que eu escribo é un doble pracer.

OS CONTOS QUE ESCRIBIN E ILUSTREI: "A PEQUENA ÁRBORE".

Os bosques son un milagre, beleza en estado puro, baixo o labirinto do ceo.
Son un libro aberto no que ler a rotación das estacions, mergullarse na vida, contemplar as vidas que nel viven; e tamén os bosques están cheos de lendas, de fadas, de trasnos...
Nunca lle poderíamos pagar todo o que lles debemos.
Por iso, cando se converten en cinza...é un crime.

Esto pretendin comunicar en "A pequena árbore".
Sei que moitos nenos o leron, e ise e o mellor premio para min.Seguro que eles poden axudar a conservar os nosos bosques.





A protagonista chámase Baia.

Publicouse en  Xerais no ano 2004.
.

OS CONTOS QUE ESCRIBIN E ILUSTREI. "OS SEÑORES MESES"

Sempre me gustou escribir.
Lembro que, cando tiña 11 anos, nun curso de verán para nenos, que se organizou no meu pobo, gañei o 1º premio de redacción. O agasallo foi  extraordinario: un libro de contos de Andersen, que gardo como un tesouro. Aquel conto pasou polas mans de todas as nenas do pobo, e admirábamos as ilustracions a toda cor.Eran tempos de penurias, tiñamos poucas cousas, adorábamos os contos , que intercambiábamos entre nos. Un feixe de contos circulaban polo pobo, en intercambio constante: contos de fadas, do "Capitan trueno", tebeos....
Encantábame ler, e escribir.


Nunha tempada en que non tiña ningun encargo para ilustrar, decidin escribir e ilustrar. Tiña unha morea de poesías para nenos, e collín unha delas:

        "Xaneiro bufa, Febreiro rosma, e Marzo roe nas ás de Abril;

         Abril é unha pomba, que trae a Maio, que viste un saio de branca lá,

         como as nubes de Xuño, quen lle abre a porta a Xullo lacazán.

         Logo ven Agosto, estrelas de mar no meu gañapán,

         e empurra a Setembro,que non quere entrar.

        Setembro trae uvas, e Outubro castañas, e agocha no saco algún furacán.

        Novembro, Novembro, xa se anoxa o mar.

        No Nadal fermoso, neve nos tellados, festas e agasallos...e volta a empezar!




         Portada de "OS SEÑORES MESES" (Ediccións Xerais)









                                        

.




                             
                                                    Don     Xaneiro




                                                Don    Abril.




Non foi un encargo, nunca traballo por encargo.É arriesgarse, pero merece a pena, polo pracer de crear libremente...
Iste conto foi
preseleccionado para a Lista de Honrra do IBBY.
Recientemente fíxose unha segunda edicción .

sábado, 30 de octubre de 2010

Contos fantásticos II

Ilustrei este volumen, "Contos fantásticos II" para ediccións Xerais, da colección "Cabalo buligán".
Leer istes contos resultou unha ledicia. Son relatos tirados da gran tradicción do conto oral Galego.
A medida que os lia, ian xurdindo no meu maxín moreas de imáxenes, que deseguida bocetaba, para que non fuxiran.
Istes contos gardan unha fantasía desbordante, que nada ten que envexar as historias fantásticas doutras latitudes. Tamén podería ser que dos nosos contos de tradicción oral  derivaran moitas historias fantasticas que andan a contarse polo mundo adiante.E un problema de visibilidade.
Tamén me resultou moi grato recoñecer palabras e expresions que lle escoitaba ao meu abó paterno, nado nun pobo do Courel.
O escribiron Xosé Miranda e Antonio Reigosa.











Algunhas imaxes:
A imaxen do Oso que leva á nena, estivo na feira de Boloña, no ano 2003, cando me volveu seleccionar a Consellleria de Cultura.
Iste conto publicouse no 2001.

A casa de cartón.

Tiña moitas ganas de traballar con Irene, de Everest Galicia, e ao fin o conseguín con iste conto,"A casa de cartón", de Concha Blanco.
En canto recibín o texto, xa me engaiolou: divertido, cheo de tenrura e bó corazón. Me engaiolou Adela, os seus zapatos de charón, a caixa de cartón  que, trocada nunha casa, decidiu alquilar a un grilo, e que serviu de acubillo a moitos animais.
Traballar con Irene foi unha experiencia de bó trato, amizade e boas condiccions de traballo.
Volvimos colaborar mais veces, nos contos: "Ola, son a lúa", "O grilo Gastón", "Aiko" e "Dunha vez era unha montaña", dos que falarei de seguido.







Imaxes de "A casa de cartón".

ILUSTRADORA INVITADA NA REVISTA FADAMORGANA.

X.A. Neira Cruz me propuxo ser a ilustradora invitada do nº 10 da revista de literatura infantil FADAMORGANA.
Neste nº moitos dos dibuxos que aparecen en este blog, acompañan diversos artículos.




No apartado autorretrato aparece esta caricatura que fixera fai tempo.

O debuxo do medio é a portada que eu lle propuxera; finalmente a portada foi un debuxo-boceto que fixera para a carapuchiña de Kalandraka.

Me sorprendeu Miguel Vazquez Freire cando fala de min como ilustradora. Nunca lle din as grazas, asi que o fago ahora.

Mágoa que as reproduccions dos debuxos estean un pouco subidas de cor.

Contos con sombreiro.







Ana Mº Fernández escribiu a  historia de
 Marilinda, unha profe que lles devolverá o sorriso aos nenos que están tristes.
Unha historia chea de fantasía e amizade.
Saeu na colección Camaleón, de Planeta-Oxford, no 2005.

As cores do vento.

Mostra colectiva de ilustradores, na que tamén estiven, con este debuxo.

(Xunta de Galicia, 1997).

viernes, 29 de octubre de 2010

A MAREA NEGRA.

Este libro, "Efectos económicos, sociais e ambientais da marea negra do "Prestige", coordinado por Albino Prada e Mª Xosé Vázquez, e editado polo Consello da Cultura Galega, é fundamental para entender os terribles efectos que aquela traxedia que asolou o noso mar, tivo na sociedade galega.
 

Por aqueles dias quixen plasmar o que eu sentía. Encántame o mar, e aparece en moitas das miñas ilustracións.Este é o debuxo que fixen, homenaxe aos voluntarios que viñeron a axudarnos a limpar as praias.


Cedín  o debuxo para que fose portada deste libro.

ILUSTRADORA INVITADA EN CLIJ.

Dende CLIJ, a prestixiosa revista de literatura infantil catalana, me chamaron un bó dia para decirme que si quería ser a ilustradora invitada do mes.

Me dixeron que lles gustara moito o meu "Pinocho e o soldado", da exposición Galicia Solidaridade.

Aceptei encantada, e me puxen a traballar.




Estos foron os debuxos que sairon no nº81 de CLIJ, en marzo de 1996.

¡Que risa de rata!

Agustin Fdz. Paz me invitou a colaborar neste proxecto,"A maxia das palabras" (Dirección Xeral de política linguística).
Uns contos de pequeno tamaño, pero de enorme contido.Os nenos podían recortar as páxinas e construir os libriños.



A min me tocou ilustrar "Que risa de rata", un conto cheo de tenrura e risas,de Xoán Babarro e Ana Mª Fernandez.
Ano 1999.

jueves, 28 de octubre de 2010

Libro de lecturas de Xerais: Guerineldo.

Lingua, para 2º de ESO,colectivo. A min tocoume ilustrar un romance tradiccional, "Guerineldo".
Iste é o meu traballo.

Ediccions Xerais ,1997.

A campá da lua.

Recoñezo que me encanta ilustrar poesía infantil. Polo que teño comprobado cando vou aos colexios, os nenos disfrutan moito con ela.
Foi un verdadeiro placer ilustrar este encantador libro de Helena Villar Janeiro. En canto o lin, me suxeriu imaxes cheas de ledicia de vivir, color, tenrura, maxia....
E foi un verdadeiro placer coñecer a Helena, coa que logo colaboraría algunha que outra vez....




 Algunhas imaxes:

Ediccions Xerais,1999.

Algunhas ilustracións mais de Carapuchiña vermella.






Bocetos que non foron, e outras  que sí foron no libro.