Benvidos a este espacio!

jueves, 28 de octubre de 2010

A Carapuchiña de Kalandraka

Na colección "Os contos do trasno Comodín" ilustrei esta adaptación do conto de Carapuchiña, feita a
partires do texto de Charles Perrault.
Foi un dos primeiros contos que sacou esta editorial, cando empezaba, con sede nun local do Campiño de Sta Maria, en Pontevedra.
As condiccións de traballo non foron moi boas, e a adaptación que me diron para ilustrar, non acababa de gustarme.
Aqui están algunhas ilustracións de aquel conto. Era o ano 1998.
Non conservo o orixinal da portada;  preguntei por ela, pero "non se sabe". Esta é a portada fotocopiada.